top of page

Escola de Música

Estimadas familias, nais, pais e alumnado:

​

Desde a Escola de Música da Banda de Música de Marín queremos darvos a benvida ao novo curso 26/27.

Comezamos unha nova etapa coa ilusión de seguir facendo da nosa Escola un lugar no que aprender, compartir e sobre todo, gozar da música. Queremos agradecer ás familias que un ano máis confían en nós e dar unha benvida moi especial a todo o alumnado que se incorpora por primeira vez.

​

Co obxectivo de presentar o funcionamento do novo curso, resolver dúbidas e facilitar toda a información necesaria antes do inicio das clases, convocámosvos a unha reunión informativa:

​

                 Venres, 18 de setembro de 2026 as 18:00 horas  

                     no local da Banda de Música de Marín.

 

Durante a reunión trataremos cuestións relacionadas coa organización do curso, horarios, clases, profesorado e funcionamento xeral da Escola.

​

As clases comezarán o 1 de outubro de 2026.

​

Agardamos contar coa vosa presenza e iniciar xuntos un novo curso cheo de música, aprendizaxe e novos proxectos.

​

​

                             Benvidos e benvidas ao curso 26/27.

Matrícula Curso 2026/27

Para o  Curso 2026/27 actualizamos as condicións das inscripcións na escola e os prezos.​

Oferta educativa musical

Especialidades grupais:

  • ​Música e Movemento. De 4 a 6 anos

  • Linguaxe Musical 1

  • Linguaxe Musical 2

  • Linguaxe Musical 3

  • Linguaxe Musical 4

  • Linguaxe Musical. Proba de Acceso

  • Linguaxe Musical - Adultos

  • Armonía e Análise.

  • Coro. Crearase cun mínimo de 10 inscritos.

  • Banda Pequena. Iniciación á música grupal.

  • Banda de Música de Marín.

Os e as instrumentistas das bandas de música terán preferencia na inscrición das materias de "Armonía e Análise" e "Piano".

Especialidades individuais:

VENTO MADEIRA:

  • Óboe

  • Clarinete

  • Frauta

  • Saxofón

VENTO METAL:

  • Bombardino

  • Trombón

  • Trompa

  • Trompeta

  • Tuba

CORDA:

  • Canto

  • Piano

  • Violoncello

A Asociación Cultural Musimarín contou/a co patrocinio ou colaboración de:
  • Instagram
  • Facebook

Banda de Música de Marín: bandademusicademarin@gmail.com          Telfo.-  634 181 246

Escola de Música de Marín: esmusimarín@gmail.com                               Telfo.-  986 880 504

© 2017-2027 Asociación Cultural MUSIMARÍN | Todos los derechos reservados.

bottom of page