Banda de Música

Historia
A “Banda de Música de Marín”, naceu en 1994 tras a desaparición da primeira banda en 1948, fundada por iniciativa dun grupo de músicos, a asociación Ateneo Santa Cecilia de Marín e o mestre Alfredo Sánchez Murcia para revitalizar a tradición musical da vila, participando en actuacións e festivais da vila mariñense e outras localidades da comarca. Ao longo dos anos, a banda estivo baixo a batuta de directores de excelencia, como Alberto Arribas García (2017) e Juan Luis Costas Martínez (2020), que a consolidaron como unha das principais entidades culturais de Marín. Dende marzo de 2024 toma as rendas da Dirección da Banda e da súa Escola de Música o mestre Eduardo González López, músico fundados desta agrupación e coincidindo co ano no que a agrupación celebra o seu 30 aniversario.

Axenda de actuacións
Podes estar ao día das actuacións da Banda de Música de Marín seguindo as súas páxinas de Facebook e Instagram.